1
Proverbios 13:20
Biblia SEPT
ABGS
Vai onda os sabios: volverás sabio; quen fai compaña ós necios, terá que sufrir.
Compare
Explore Proverbios 13:20
2
Proverbios 13:3
Quen garda a boca garda a vida, o laretas busca a súa ruína.
Explore Proverbios 13:3
3
Proverbios 13:24
O que aforra vara, odia ó seu fillo; quen lle ten boa lei dáse présa en corrixilo.
Explore Proverbios 13:24
4
Proverbios 13:12
Esperanza aprazada fai adoecer o corazón, arela cumprida é unha árbore de vida.
Explore Proverbios 13:12
5
Proverbios 13:6
A xustiza garda ó home sen chata, a desgraza bota abaixo ó pecador.
Explore Proverbios 13:6
6
Proverbios 13:11
Riqueza gañada axiña pouco dura, o que a xunta pouco a pouco acrecentaraa.
Explore Proverbios 13:11
7
Proverbios 13:10
O testalán fai xurdir liortas coa súa fachenda, a sabedoría está cos que se aconsellan.
Explore Proverbios 13:10
8
Proverbios 13:22
A herdanza do home bo chega ata os netos, o pecador xunta a fortuna para o xusto.
Explore Proverbios 13:22
9
Proverbios 13:1
O fillo asisado acolle a disciplina paterna, o petulante non dá escoita á reprensión.
Explore Proverbios 13:1
10
Proverbios 13:18
Pobreza e vergonza para o que desbota a instrución, mais quen escoita a crítica acadará honra.
Explore Proverbios 13:18