1
Filipenses 1:6
Biblia SEPT
ABGS
Eu fío en que o que encetou en vós un traballo bo, halle de ir dando cabo de aquí ó día de Cristo Xesús.
Compare
Explore Filipenses 1:6
2
Filipenses 1:9-10
E na miña oración pido que o voso amor reborde de penetración e de sensibilidade para todo: Así poderedes acertar co mellor para chegardes enxebres e sen chata ó día de Cristo Xesús
Explore Filipenses 1:9-10
3
Filipenses 1:21
Porque para min a vida é Cristo; e morrer, unha ganancia.
Explore Filipenses 1:21
4
Filipenses 1:3
Doulle grazas ó meu Deus por todo o que me acorda de vós.
Explore Filipenses 1:3
5
Filipenses 1:27
Unha cousa só: mirade de vos comportar conforme ó Evanxeo de Cristo, para que, tanto que vos vaia ver coma que quede lonxe, eu sinta falar de que vos mantedes firmes nun mesmo espírito e que, todos de acordo, loitades xuntos pola fe do Evanxeo
Explore Filipenses 1:27
6
Filipenses 1:20
Esta é a miña arela e a miña esperanza: que en nada vou saír fracasado, senón que, con toda seguridade, agora coma sempre, manifestarase a grandeza de Cristo na miña persoa, tanto que eu siga vivindo como que morra.
Explore Filipenses 1:20
7
Filipenses 1:29
Porque a vós, por Cristo, concedéusevos o privilexio, non só de crerdes nel, senón tamén de padecerdes por El
Explore Filipenses 1:29