1
Levítico 26:12
Biblia SEPT
ABGS
Andarei entre vós, serei o voso Deus e vós seredes o meu pobo.
Compare
Explore Levítico 26:12
2
Levítico 26:4
heivos mandar as chuvias no seu tempo, a terra havos de dar as súas colleitas e as árbores do campo os seus froitos.
Explore Levítico 26:4
3
Levítico 26:3
Se camiñades conforme os meus mandatos e gardades as miñas ordes e as cumprides
Explore Levítico 26:3
4
Levítico 26:6
Eu porei paz no voso país, durmiredes sen medo e arredarei de onda vós toda caste de terror. Afastarei da vosa terra toda fera nociva e non pasará a espada polo voso país.
Explore Levítico 26:6
5
Levítico 26:9
Volverei os meus ollos cara a vós, fareivos prosperar e inzar, e confirmarei a miña alianza convosco.
Explore Levítico 26:9
6
Levítico 26:13
Eu son o Señor, o voso Deus, que vos saquei do país de Exipto, para vos liberar da escravitude, rompendo as cordas do voso xugo, e fíxenvos camiñar coa fronte ergueita.
Explore Levítico 26:13
7
Levítico 26:11
Porei a miña morada no medio das vosas e non me alporizarei máis convosco.
Explore Levítico 26:11
8
Levítico 26:1
Non vos fabricaredes deuses, nin esculturas, nin imaxes, nin levantaredes estatuas de pedra. Na vosa terra non as levantaredes para as adorar, pois eu son o Señor, o voso Deus.
Explore Levítico 26:1
9
Levítico 26:10
Habedes comer da vella colleita ben madura, e aínda teredes que desbotar a vella para gardar a nova.
Explore Levítico 26:10
10
Levítico 26:8
Cinco de vós perseguirán a cen, e cen de vós farán fuxir a milleiros, e os vosos inimigos caerán a fío da espada diante de vós.
Explore Levítico 26:8
11
Levítico 26:5
As mallas durarán ata a vendima, e a vendima xuntarase coa sementeira: comeredes a fartar e viviredes en seguranza na vosa terra.
Explore Levítico 26:5
12
Levítico 26:7
Perseguiredes os vosos inimigos, que caerán a fío da espada diante de vós.
Explore Levítico 26:7
13
Levítico 26:2
Gardaredes os sábados e terédeslle moito respecto ó meu santuario. Eu son o Señor.
Explore Levítico 26:2