1
Lamentacións 1:1
Biblia SEPT
ABGS
(Alef) Ah, como senta soíña a cidade, señora dun pobo! Está coma unha viúva, a señora dos pobos, a princesa das cidades está en traballos forzados.
Compare
Explore Lamentacións 1:1
2
Lamentacións 1:2
(Bet) Chora, chora, durante a noite, e as súas bágoas están sobre a súa meixela. De entre todos os seus amantes non ten un que a console, todos os seus amigos a traizoaron, volvéronselle inimigos.
Explore Lamentacións 1:2
3
Lamentacións 1:20
(Rex) Olla, Señor, como estou angustiada; ferven as miñas entrañas. O meu corazón retórcese dentro de min, por culpa da miña rebeldía. Fóra, a espada deixa sen fillos; na casa está a mesma morte.
Explore Lamentacións 1:20