Dareilles a mesma mentalidade e o mesmo comportamento, de xeito que me respecten sempre. Que ben será para eles e para os fillos que os sucedan! Pactarei con eles unha alianza eterna; non me apartarei deles para lles facer ben e porei o meu respecto no seu corazón, de xeito que non se aparten da miña presenza.