1
Isaías 9:6
Biblia SEPT
ABGS
Oh, que grande a súa Soberanía! A paz non terá fin no trono de David e no seu reino, para afincalo e para afirmalo, co dereito e coa xustiza, desde agora e para sempre. O celo do Señor dos Exércitos fará isto.
Compare
Explore Isaías 9:6
2
Isaías 9:2
Multiplicaches o xúbilo, fixeches grande a ledicia. Alegráronse coa túa presenza, como coa alegría da seitura, o mesmo que saltarán de xúbilo ó repartiren o botín.
Explore Isaías 9:2
3
Isaías 9:7
Unha palabra mandou o Señor contra Xacob, e caeu en Israel.
Explore Isaías 9:7
4
Isaías 9:5
Pois velaí que nos naceu un meniño, déusenos un fillo: a soberanía estará sobre o seu ombreiro, e será invocado con estes seus nomes: Marabilla de conselleiro, Heroe divino, Pai eterno, Soberano da Paz.
Explore Isaías 9:5
5
Isaías 9:1
O pobo que camiñaba na escuridade, viu unha grande luz. Unha luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras da Morte.
Explore Isaías 9:1
6
Isaías 9:3
Velaí o xugo da súa carga e o varal do seu ombreiro —o bastón de quen o oprime—: rompíchelos coma o día de Madián.
Explore Isaías 9:3
7
Isaías 9:4
Pois toda bota que tropeza con ruído, e todo manto cuberto de sangue serán para a queima, serán pasto de incendio.
Explore Isaías 9:4