1
Isaías 65:24
Biblia SEPT
ABGS
Aínda antes de que chamen, eu respondereilles; mentres eles volven falar, eu xa lles farei caso.
Compare
Explore Isaías 65:24
2
Isaías 65:17
Pois velaí: eu creo ceos novos e terra nova, e non serán lembradas as cousas vellas, nin pasarán á consideración de ninguén
Explore Isaías 65:17
3
Isaías 65:23
Non se fatigarán en van, nin darán a luz para calamidade, pois eles son a raza dos benditos do Señor, e os seus descendentes serán coma eles.
Explore Isaías 65:23
4
Isaías 65:22
Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma, senón que os días do meu pobo serán coma os días dunha árbore, e os meus elixidos gozarán da obra das súas mans.
Explore Isaías 65:22
5
Isaías 65:20
Non volverá a nacer nela meniño falto de días nin vello que non os cumpra de cheo, senón que o que morra ós cen anos será un rapaz, e o que consiga os cen anos será un maldito.
Explore Isaías 65:20
6
Isaías 65:25
O lobo e o año pacerán xuntos, e o león comerá palla coma o boi, pero a serpente terá de comida o po. Non farán mal nin provocarán matanza en todo o meu santo monte —dío o Señor—.
Explore Isaías 65:25
7
Isaías 65:19
E eu brincarei de ledicia por Xerusalén, e exultarei pola miña cidade, e non se volverá a oír nela ruído de choros nin ruído de berros.
Explore Isaías 65:19