1
Isaías 60:1
Biblia SEPT
ABGS
Levántate, brilla, que a túa luz xa chegou; si, a gloria do Señor resplandece sobre ti.
Compare
Explore Isaías 60:1
2
Isaías 60:3
Certo que os pobos camiñarán coa túa luz e os reis co resplandor do teu alborexar.
Explore Isaías 60:3
3
Isaías 60:2
Pois, olla, a escuridade encobre a terra e a negrura os pobos, pero sobre ti resplandece o Señor e a súa gloria faise ver sobre ti.
Explore Isaías 60:2
4
Isaías 60:22
O máis pequeno volverase un millar, e o máis miúdo, un pobo poderoso. Eu, Iavé, dareime présa para realizalo ó seu tempo.
Explore Isaías 60:22
5
Isaías 60:19
Non che volverá a servir o sol de luz durante o día, nin te alumará o resplandor da lúa, senón que o Señor será a túa luz eterna e o teu Deus será a túa luminosa gloria.
Explore Isaías 60:19
6
Isaías 60:20
Non se volverá a pór o teu Sol e a túa Lúa non desaparecerá. Si, o Señor será a túa luz eterna e acabaranse os días do teu loito.
Explore Isaías 60:20
7
Isaías 60:5
Entón, cando o vexas, estarás radiante e o teu corazón latexará e ensanchará, pois as riquezas do mar traeránseche a ti e os bens dos pobos virán para ti.
Explore Isaías 60:5
8
Isaías 60:4
Levanta os teus ollos arredor, todos estes xuntáronse, viñeron a ti. Os teus fillos veñen de lonxe e as túas fillas son traídas no colo.
Explore Isaías 60:4
9
Isaías 60:21
Todos os do teu pobo serán xustos e posuirán a terra eternamente, (serás) xermolo dos seus plantíos, obra das súas mans para que se mostre a súa gloria.
Explore Isaías 60:21
10
Isaías 60:18
Non se volverá a oír falar de violencia no teu país, nin de saqueo e de arraso dentro dos teus confíns. "Salvación" será o nome dos teus muros e o das túas portas "Loanza".
Explore Isaías 60:18
11
Isaías 60:11
As túas portas estarán sempre abertas, non se pecharán nin de día nin de noite, para que che traian as riquezas dos pobos, traídas polos seus reis.
Explore Isaías 60:11
12
Isaías 60:6
Estarás cuberta dunha chea de camelos, de dromedarios novos de Madián e de Efah. Todos eles virán de Sabá. Virán cargados de ouro e incenso, e proclamarán ledos a loanza do Señor.
Explore Isaías 60:6
13
Isaías 60:10
Os fillos do estranxeiro reconstruirán as túas murallas, e os seus reis estarán ó teu servizo, pois pola miña ira castigueite, pero polo meu amor tiven compaixón de ti.
Explore Isaías 60:10
14
Isaías 60:15
En vez de estares abandonado, aborrecido, e sen xente que por ti pase, convertereite en esplendor eterno, en causa de gozo por xeracións e xeracións.
Explore Isaías 60:15
15
Isaías 60:16
Mamarar o leite dos pobos e do peito dos reis mamarás, entón recoñecerás que eu son o Señor, o teu Salvador, si, o teu Redentor, o Forte de Xacob.
Explore Isaías 60:16