Porque así fala o Altísimo, o Excelso,
o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo:
"Eu resido no templo celeste,
(pero) tamén co humillado e co de espírito abatido,
para reanimar o espírito dos abatidos,
e para revitalizar o corazón dos humillados.
Certo que non me querelarei sempre,
nin estarei enfadado constantemente,
senón o espírito languidecería lonxe da miña presenza
e os viventes que eu creei.