1
Isaías 35:10
Biblia SEPT
ABGS
e os rescatados do Señor volverán por ela, entrarán en Sión con xúbilo, felicidade eterna sobre as súas cabezas. Conseguirán ledicia e felicidade, pois o sufrimento e o pranto fuxirán.
Compare
Explore Isaías 35:10
2
Isaías 35:3-4
Fortalecede as mans adormecidas, e ponde firmes os xeonllos que tremen. Dicídelles ós de corazón tímido: "Collede ánimo, non temades. Velaí o voso Deus. Chega a vinganza, a recompensa de Deus. Chega El mesmo, e salvaravos".
Explore Isaías 35:3-4
3
Isaías 35:8
Alí haberá unha calzada, unha verea, e á calzada chamaráselle Vía Sacra. Nada impuro pasará por ela: o mesmo Señor camiñará con eles, e os homes non se desviarán.
Explore Isaías 35:8
4
Isaías 35:5
Entón abriranse os ollos dos cegos, e os oídos dos xordos destaparanse.
Explore Isaías 35:5
5
Isaías 35:6
Entón o coxo saltará coma un corzo e a lingua do mudo cantará xubilosa. Si, saen á luz augas no deserto e ríos na estepa
Explore Isaías 35:6