1
Isaías 1:18
Biblia SEPT
ABGS
Agora vinde acá, e razoemos xuntos —di o Señor: Aínda que os vosos pecados fosen coma o granate, coma a neve branquexarán; aínda que fosen vermellos coma o carmesí, coma lá se volverán.
Compare
Explore Isaías 1:18
2
Isaías 1:19
Se vos convertedes e facedes caso, comeredes do mellor da terra.
Explore Isaías 1:19
3
Isaías 1:17
Aprendede a facer o ben, buscade a xustiza encamiñade ó avergonzado, facédelle xustiza ó orfo, defendede a viúva.
Explore Isaías 1:17
4
Isaías 1:20
Pero se non queredes e resistides, coa espada seredes comidos. Ollade que fala a boca do Señor.
Explore Isaías 1:20
5
Isaías 1:16
Lavádevos, purificádevos, apartade dos meus ollos a ruindade dos vosos feitos. Deixade de berrar.
Explore Isaías 1:16
6
Isaías 1:15
Si, cando alongades as vosas palmas, tapo os ollos para non vos ver. Cando, a forza de berros, aumentades a vosa oración, non son eu quen vos escoita. As vosas mans están cheas de sangue.
Explore Isaías 1:15
7
Isaías 1:13
Non sigades traendo ofrendas vas: o seu fume é abominación para min. Non luxedes a xuntanza na festa da Lúa Nova e no sábado, que non soporto a iniquidade e a opresión.
Explore Isaías 1:13
8
Isaías 1:3
Coñece o boi ó seu novo dono; e o burro, o cortello do seu amo: Israel non me coñece, o meu pobo non ten xuízo".
Explore Isaías 1:3
9
Isaías 1:14
Aborrezo as vosas Lúas Novas e as vosas festas; son na miña presenza unha carga; xa estou cansado de soportala.
Explore Isaías 1:14