1
Hebreos 8:12
Biblia SEPT
ABGS
xa que estarei disposto a perdoarlles as súas maldades, e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.
Compare
Explore Hebreos 8:12
2
Hebreos 8:10
Pois esta é a alianza que pactarei coa casa de Israel, cando cheguen aqueles días di o Señor: cando dea as miñas leis, héillelas escribir nos seus corazóns e nas súas mentes. Eu serei para eles o seu Deus e eles serán para min o meu pobo.
Explore Hebreos 8:10
3
Hebreos 8:11
Xa ninguén terá que ensinar ó seu veciño nin cadaquén ó seu irmán, dicíndolle: "Recoñece ó Señor"; porque hanme coñecer todos eles, desde o máis pequeno ó máis grande
Explore Hebreos 8:11
4
Hebreos 8:8
Porque Deus, reprendéndoos, dilles: Vede que virán días —di o Señor— nos que establecerei coa casa de Israel e coa casa de Xudá unha alianza nova
Explore Hebreos 8:8
5
Hebreos 8:1
Isto é o máis importante de todo o que imos dicindo: que temos un Sumo Sacerdote de tal categoría que tomou posesión do seu trono no ceo á dereita do trono da Maxestade
Explore Hebreos 8:1