Botarán nas rúas a súa prata,
e considerarán o seu ouro unha inmundicia;
nin o seu ouro nin a súa prata serán capaces de os salvar
o día da ira do Señor;
non se fartarán as súas gorxas,
nin se encherá o seu ventre,
pois o ouro e mais a prata foron a causa da súa iniquidade.