1
Ezequiel 3:18
Biblia SEPT
ABGS
Se eu lle digo ó malvado "vas morrer", e ti non o avisas isto é, non falas avisando ó malvado de que deixe o seu ruín comportamento, para que el viva, el, sendo malvado, morrerá por culpa da súa iniquidade; pero a ti pedireiche contas do seu sangue.
Compare
Explore Ezequiel 3:18
2
Ezequiel 3:19
Pero se ti avisas o malvado, e el non deixa a súa ruindade nin o seu comportamento malvado, el morrerá por culpa da súa iniquidade; pero ti salvarás a túa vida.
Explore Ezequiel 3:19
3
Ezequiel 3:17
Fillo de Adam, constitúote sentinela para a casa de Israel. Cando escoites unha palabra da miña boca, avísaos da miña parte.
Explore Ezequiel 3:17
4
Ezequiel 3:20
Se o xusto deixa a súa xustiza, e comete iniquidades, eu poñerei diante del un tropezo e morrerá, porque ti non o avisaches; morrerá polo seu pecado e non se recordarán as obras de xustiza que fixo, pero a ti pedireiche contas do seu sangue.
Explore Ezequiel 3:20