que manteña iluminados os ollos da vosa alma, para que comprendades as esperanzas que abre a súa chamada, a riqueza que supón a súa gloriosa herdanza destinada ós crentes, e o extraordinario portento que é o seu poder verbo de nós, os que cremos, en consonancia co vigor da súa potencia e da súa forza, que exerceu con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa dereita nos ceos, por riba de toda soberanía, autoridade, forza e dominio, e por riba de todo título recoñecido neste mundo e tamén no vindeiro.