1
Qohélet (Eclesiastés) 2:26
Biblia SEPT
ABGS
O home que lle agrada dálle El sabedoría, ciencia, ledicia; e ó que erra, ponlle coma tarefa recoller e achegar para dalo despois a quen Deus considera. Tamén isto é sen tino e papar ventos.
Compare
Explore Qohélet (Eclesiastés) 2:26
2
Qohélet (Eclesiastés) 2:24-25
Non lle resta ó home cousa mellor senón comer e beber e darse boa vida do froito do seu esforzo. E ata estou certo que facer iso pende da man de Deus. Pois quen ten de que comer e quen pasa apuros se non é por El?
Explore Qohélet (Eclesiastés) 2:24-25
3
Qohélet (Eclesiastés) 2:11
Voltei entón os ollos para as obras que fixeron as miñas mans e para o traballo que me custara realizalas, e velaquí que todo fora un sopro e papar ventos, e que nada hai de proveitoso baixo o sol.
Explore Qohélet (Eclesiastés) 2:11
4
Qohélet (Eclesiastés) 2:10
De canto os meus ollos me demandaban, nada lles neguei. Non recusei ledicia á miña arela; pois o meu ánimo gozaba de toda esta riqueza coma premio de todo o meu degoiro.
Explore Qohélet (Eclesiastés) 2:10
5
Qohélet (Eclesiastés) 2:13
e observei que a Sabedoría ten unha vantaxe sobre a Tolemia, coma a que lle leva a luz á tebra
Explore Qohélet (Eclesiastés) 2:13
6
Qohélet (Eclesiastés) 2:14
"O Sabio ten ollos na cara, o Necio camiña na tebra", mais sei tamén que igual destino lles cae enriba ós dous.
Explore Qohélet (Eclesiastés) 2:14
7
Qohélet (Eclesiastés) 2:21
pois, pon por caso un home que lle debe o que gañou ó seu saber, prudencia e éxito, e que o teña que deixar en herdanza a un que non o traballou. Évos tamén un grande sen sentido e grande mal.
Explore Qohélet (Eclesiastés) 2:21