1
2 Pedro 3:9
Biblia SEPT
ABGS
Non está retrasando Deus o cumprimento do que prometeu, aínda que algúns o crean así: o que pasa é que ten paciencia convosco, porque non quere que ninguén pereza senón que a todos lles dea tempo a se converteren.
Compare
Explore 2 Pedro 3:9
2
2 Pedro 3:8
Meus amigos, que non vos esqueza unha cousa: que para o Señor un día élle coma mil anos; e mil anos sonlle coma un día.
Explore 2 Pedro 3:8
3
2 Pedro 3:18
Non; vós crecede na graza e no coñecemento do noso Señor e Salvador, Xesús Cristo. A el sexa a gloria, agora e deica o día eterno. Amén.
Explore 2 Pedro 3:18
4
2 Pedro 3:10
Máis ben o día do Señor virá coma un ladrón: daquela os ceos desaparecerán con estrondo; os elementos disolveranse abrasados de calor; e a terra e todas as obras que hai nela nin se atoparán.
Explore 2 Pedro 3:10
5
2 Pedro 3:11-12
Xa que todo isto se ha disolver desta maneira, con que santo xeito e prácticas de piedade tedes que vivir mentres esperades e suspirades pola chegada do día de Deus! Porque é neste día cando os ceos incendiados se han disolver e os elementos abrasados de calor se han derreter.
Explore 2 Pedro 3:11-12