Xaúl díxolle entón ó escudeiro: —"Saca a túa espada e atravésame con ela, primeiro de que cheguen eses incircuncisos, me atravesen eles e fagan escarnio de min". Pero o escudeiro non quixo atravesalo, pois estaba morto de medo. Entón colleu Xaúl a súa espada e deixouse caer por riba dela.
En vendo o escudeiro que morrera Xaúl, botouse el tamén sobre a súa espada e morreu con el.