Feitos 3
3
Curación dun tolleito
1Pedro e Xoán subían ó templo para a oración das tres da tarde. 2Había alí un home tolleito de nacemento, que levaban e poñían todos os días cabo da porta chamada Fermosa, para que pedise esmola ós que entraban no templo. 3Vendo que Pedro e Xoán estaban para entrar, pediulles esmola. 4Pedro e o mesmo fixo Xoán reparou nel e díxolle:
Mira ben para nós.
5El ollaba para eles, esperando recibir algunha cousa. 6Entón Pedro díxolle:
Non teño prata nin ouro, pero douche o que teño: en nome de Xesús Cristo de Nazaret, érguete e anda.
7Colleuno pola man dereita e levantouno. No instante afirmáronselle os pés e os nocellos; 8dun brinco púxose en pé e camiñaba. Entrou con eles no templo, andando, choutando e loando a Deus. 9Todo o pobo o viu camiñar loando a Deus, 10e, recoñecendo que era o mesmo que se sentaba na porta Fermosa pedindo esmola, ficaron pasmados e desconcertados polo que lle acontecera. 11Como el non deixaba a Pedro nin a Xoán, toda a xente, fóra de si, correu tras eles ó pórtico chamado de Salomón.
Pedro fálalle á xente
12Visto isto, Pedro dirixiuse ó pobo:
Israelitas, por que vos admirades disto? Por que mirades así para nós, coma se fixésemos camiñar a este home polo noso propio poder ou santidade? 13O Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, o Deus de nosos pais, glorificou ó seu servo Xesús, a quen vós entregastes e negastes diante de Pilato, cando este estaba decidido a deixalo en liberdade. 14Pero vós rexeitastes o Santo e o Xusto; pedistes que indultasen a un asasino, 15mentres que matastes ó dono da vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos; disto nós somos testemuñas. 16Pola fe no seu nome, ese mesmo nome fortaleceu a este que vedes e coñecedes: esa fe que obra por el, restableceuno completamente diante de vós.
17Xa sei, irmáns, que obrastes por ignorancia, como tamén as vosas autoridades; 18pero Deus cumpriu así o que anunciara por boca dos profetas: que o seu Cristo padecería. 19Arrepentídevos, logo, e convertédevos, para que se borren os vosos pecados; 20A fin de que veñan os tempos do conforto de parte do Señor, e mande o Mesías que vos destinou, Xesús. 21A El convén que o ceo o conteña deica o tempo da restauración de todas as cousas, que Deus anunciou por boca dos seus santos profetas. 22Moisés así o dixo:
O Señor Deus fará xurdir de entre vosos irmáns un profeta coma min: escoitarédelo en todo o que vos diga. 23E quen non escoite a este profeta, quedará excluído do pobo.
24E todos os profetas que falaron, desde Samuel en adiante, anunciaron tamén estes días. 25Vós sodes os fillos dos profetas e da Alianza que Deus fixo con nosos pais, cando lle dixo a Abraham: "na túa descendencia serán benditas todas as familias da terra". 26Deus, resucitando ó seu servo, mándavolo primeiro a vós para que vos bendiga, se vos arredades cada un das vosas ruindades.
Iliyochaguliwa sasa
Feitos 3: ABGS
Kuonyesha
Nakili
Linganisha
Shirikisha
Je, ungependa vivutio vyako vihifadhiwe kwenye vifaa vyako vyote? Jisajili au ingia
Dereitos reservados: SEPT