Chapa ya Youversion
Ikoni ya Utafutaji

Feitos 27

27
LEVAN A PAULO PRESO A ROMA
Camiño de Roma
1Cando se decidiu que embarcásemos para Italia, confiaron a Paulo e outros presos a un centurión chamado Xulio, da cohorte Augusta. 2Embarcamos nunha nave de Adramitio, que estaba a punto de levar áncoras para as costas de Asia e saímos para o mar, levando connosco a Aristarco, macedonio de Tesalónica.
3Para o outro día chegamos a Sidón; e Xulio, tratando a Paulo con humanidade, permitiulle visitar os seus amigos e recibir atencións por parte deles.
4Desde alí saímos para o mar e navegamos ó abeiro de Chipre, porque os ventos eran contrarios; 5despois, atravesando os mares de Cilicia e da Panfilia, chegamos a Mira de Licia. 6Alí, o centurión atopou unha nave alenxandrina, que se dirixía a Italia, e fíxonos subir a bordo. 7Durante moitos días navegamos lentamente, e con traballos chegamos fronte a Cnido; como o vento non nos era favorable, navegamos de bolina ó amparo de Creta por Salmona; 8logo de costeala con traballos, chegamos a un sitio chamado Bos - Portos, cerca da cidade de Lasea.
9Pasando bastante tempo e correndo perigo a navegación, pois xa pasara o tempo do xaxún, Paulo 10Avisounos:
Amigos, paréceme que imos ter navegación perigosa e con mal para a carga e tamén para as nosas vidas. 11Pero o centurión fiábase máis do piloto e do patrón do barco ca das palabras de Paulo; 12e, como o porto non era axeitado para invernar, a maioría foi do parecer de largar de alí e ver de chegar a Fenice, porto de Creta volto cara ó suroeste e o noroeste. 13E levantándose un ventiño livián do sur, coidaron poder realizar o seu proxecto. Levantaron a áncora e comezaron a costear Creta sempre cerca de terra.
Tempestade e naufraxio
14Os poucos, por iso, levantouse da illa unha ventada chamada Euraquilón 15e arrastrou o barco; como non podiamos facerlle fronte ó vento, deixámonos levar por el. 16Avanzando protexidos por unha pequena illa chamada Cauda, conseguimos con moitos traballos apoderarnos do bote; 17izado a bordo, botaron man de recursos de emerxencia, cinguindo a nave con cables; por medo de bater contra os baixos de Sirte, arriaron velas e deixáronse ir á deriva. 18Como o temporal nos abalaba con furia, ó outro día alixeiraron a carga; 19e ó terceiro guindaron no mar os aparellos coas súas propias mans. 20Por moitos días non vimos sol nin estrelas e, como a tempestade non amainaba, iamos perdendo a esperanza de nos salvarmos.
21Levabamos moito tempo sen comer, cando Paulo, de pé no medio deles, díxolles:
Amigos, se me fixésedes caso, non saiamos daquela de Creta e aforrabamos agora este perigo e esta perda. 22Pero agora pídovos que teñades azos, que ningún de vós vai perecer; só se perderá o barco; 23esta noite presentóuseme un anxo do Deus a quen pertenzo e a quen sirvo, 24dicindo: "non temas, Paulo, tes que te presentar diante do César e Deus concedeuche a vida de todos os que navegan contigo". 25Polo tanto, ánimo!, que eu confío en Deus que sucederá como se me dixo. 26Temos que ir dar nalgunha illa.
27A décima cuarta noite de andarmos á deriva polo Adriático, no medio da noite, ventaron os mariñeiros que había terra cerca. 28Botaron a sonda e eran vinte brazas; pouco despois, botárona de novo e xa eran quince. 29Por medo de ir bater contra algúns cons, botaron catro áncoras por popa esperando con ansia pola chegada do día. 30Os mariñeiros, co pretexto de iren botar as áncoras de proa, arriaban o bote ó mar, querendo fuxir da nave. 31Entón díxolles Paulo ó centurión e ós soldados:
Se eses homes non fican no barco, vós non vos poderedes salvar.
32Daquela os soldados cortaron as amarras do bote e deixárono caer.
33Paulo, conforme ía abrindo o día, ía animando a todos para que tomasen alimento, dicíndolles:
Con hoxe son catorce días que estades á expectativa, en xaxún, sen pasar bocado. 34Recoméndovos que vos alimentedes: iso axudará á vosa salvación, pois ninguén de vós perderá un pelo da cabeza.
35Dito isto, tomou pan, deu grazas a Deus diante de todos e partíndoo, comezou a comer. 36Animáronse todos e tamén eles tomaban alimento. 37Entre todos eramos no barco duascentas setenta e seis almas. 38Logo de se fartaren, alixeiraron o barco, botando o trigo ó mar.
39Cando se fixo día, non recoñeceron a terra. Só vían unha enseada cunha praia e decidiron varar alí a nave, se é que podían. 40Soltaron as áncoras, que abandonaron no mar, e afrouxaron as amarras dos peltres que facían de temón; logo, izaron a vela de popa e puxeron proa á praia. 41Pero, indo bater nun baixo con mar por ámbolos lados, encallaron o barco; a proa, ben chantada, non se movía, pero a popa foise desconxuntando coa forza das ondas.
42Os soldados tomaron a decisión de matar os presos, para que non fuxise ningún a nadar. 43Pero o centurión, querendo salvar a Paulo, impedíullelo e mandou que os que sabían nadar chegasen a terra, botándose a auga os primeiros; 44e despois os restantes, uns en táboas e outros en restos do barco. Deste xeito, chegaron todos sans e salvos a terra.

Iliyochaguliwa sasa

Feitos 27: ABGS

Kuonyesha

Nakili

Linganisha

Shirikisha

None

Je, ungependa vivutio vyako vihifadhiwe kwenye vifaa vyako vyote? Jisajili au ingia