Biblia Para Nenos预览

A dona estaba na ruidosa ladeira, os seus ollos tristes mirando cara unha escena terrible. O seu Fillo morría. A nai era María e estaba preto do lugar onde Xesús estaba cravado na cruz.
Cómo sucedeu todo isto? Cómo puido acabar Xesús cunha vida tan fermosa dun xeito tan horrendo? Como podía Deus permitir có seu Fillo se cravará nunha cruz para morrer alí? Cometeu Xesús un erro sobre quen era? Fracasou Deus?
Non! Deus non fallou. Xesús non cometeu ningún erro. Xesús sabía que sería matado por homes malvados. Mesmo cando Xesús era un neno, un vello chamado Simeón díxolle a María que a tristeza estaba por diante.
Uns días antes de que Xesús fora asasinado, unha señora veu e aplicoulle unha untura perfumada nos seus pés. “Ela está malgastando o diñeiro,” queixáronse os discípulos. “Ela está facendo un bo traballo” dixo Xesús. “Ela fíxoo polo meu enterro” Que estrañas palabras!
Logo diso, Xudas, un dos doce discípulos de Xesús, acordou traizoar a Xesús ós principais sacerdotes por 30 pezas de prata.
Na festa da Pascua Xudía, Xesús compartiu a súa última comida cos seus discípulos. Díxolles cousas marabillosas sobre Deus e as súas promesas para aqueles que o aman. Entón Xesús ofreceu pan e unha cunca para que compartisen. Isto era para lembrarlles que o corpo e o sangue de Xesús foron entregados para traer perdón polos pecados.
Entón Xesús díxolles aos seus amigos que sería traizoado e eles deberían de fuxir. “Non fuxirei”, insistiu Pedro. “Antes de que o galo cante, ti negarasme tres veces”, dixo Xesús.
Máis tarde esa noite, Xesús foi rezar ao xardín de Xetsemaní. Os discípulos que estaban con El adormeceron. “O meu Pai”, Xesús rezou, “... Deixa que esta copa pase de min. Porén, non como eu quero, senón como ti queres”.
De súpeto, unha multitude marchou cara o xardín, dirixida por Xudas. Xesús non se resistiu, pero Pedro cortoulle a orella a un home. Tranquilamente, Xesús tocoulle a orella a un home e curouno. Xesús sabía que o seu arresto era parte da vontade de Deus.
A multitude levou a Xesús á casa do sumo sacerdote. Alí, os líderes xudeus dixeron que Xesús debería morrer. Preto, Pedro estaba a beira do lume dos criados e observando.
Tres veces a xente mirou a Pedro e dixéronlle, “Ti estabas con Xesús!” Pedro negouno as tres veces, do mesmo xeito que Xesús lle dixo. Pedro inclusive maldixo e xurou.
Xusto nese momento, cantou un galo. Foi como a voz de Deus para Pedro. Lembrando as palabras de Xesús, Pedro chorou amargamente.
Xudas sentiuno, tamén. El sabía que Xesús non era culpable de ningún pecado ou crime. Xudas recuperou as 30 pezas de prata pero o sacerdotes non as collería.
Xudas tirou o diñeiro, lanzouse - e aforcouse.
Os sacerdotes trouxeron a Xesús ante Pilato, o gobernador de Roma. Pilato dixo, “Eu non encontrei un fallo neste Home” pero a multitude seguía chorando, “Crucifícao! Crucifícao!”
Finalmente Pilato cedeu, e sentenciou a Xesús para morrer na cruz. Os soldados golpearon a Xesús, cuspiron na súa cara e azoutárono. Eles fixeron unha cruel coroa de espiñas longas e afiadas e apertárona na súa cabeza. Entón cravárono na cruz de mareira para morrer.
Xesús sempre soubo que el ía morrer desa maneira. El tamén sabía que a súa morte traería perdón para os pecadores que non confiaron nel. Os dous criminais foron crucificados ao lado de Xesús. Un creu en Xesús- e foi para o paraíso. O outro non.
Despois de moitas horas sufrindo, Xesús dixo, “Está rematado” e morreu. O seu traballo estaba completo. Os amigos enterrárono nunha tumba privada.
Logo os soldados romanos selaron e gardaron a tumba. Ninguén podería entrar – ou saír.
Si este fora o final da historia, cómo de triste sería. Pero Deus fixo algo marabilloso. Xesús non estaba morto!
O amencer dunha maña no primeiro día da semana, algúns dos discípulos de Xesús encontraron unha pedra proveniente da tumba. Entón eles ollaron dentro, Xesús xa non estaba alí.
Unha muller estaba chorando pola tumba. Xesús aparecéuselle! Ela volveu a correr alegre para dicirlle ós outros discípulos. “XESÚS ESTÁ VIVO! XESÚS VOLVEU DA MORTE!”
Pronto Xesús chegou xunto ós discípulos e mostroulles as mans marcadas por cicatrices. Era certo. XESÚS ESTABA VIVO DE NOVO! Perdoou a Pedro por negalo e díxolle ós seus discípulos que llo contaran a todo o mundo. Despois volveu ó ceo de onde viñera.
O Final
读经计划介绍

Cómo comenzou todo? De ónde somos? Por qué hai tanta miseria no mundo? Hai algunha esperanza? Hai vida despois da morte? Encontra as respostas a medida que ti les esta verdadeira historia do mundo.
More