1
Xoán 13:34-35
Biblia SEPT
ABGS
Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros.
對照
探尋 Xoán 13:34-35
2
Xoán 13:14-15
Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavarvos os pés uns a outros. Deivos así un exemplo, para que, coma eu fixen convosco, así fagades tamén vós.
探尋 Xoán 13:14-15
3
Xoán 13:7
Xesús respondeulle: O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois.
探尋 Xoán 13:7
4
Xoán 13:16
Con toda verdade volo aseguro: o servo non é meirande có seu Señor, nin o mensaxeiro é meirande ca quen o mandou.
探尋 Xoán 13:16
5
Xoán 13:17
Se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades.
探尋 Xoán 13:17
6
Xoán 13:4-5
ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse con ela. Despois, botou auga nunha almofía e comezou a lavarlles os pés ós discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida.
探尋 Xoán 13:4-5
首頁
聖經
計畫
視訊