Logotipo da YouVersion
Ícone de Pesquisa

1 Pedro 3

3
Consellos ás mulleres
1No tocante ás mulleres, que se sometan ós seus homes; deste xeito, se algúns non cren na Palabra, sen necesidade de palabra ningunha poderanos gañar 2polo bo xeito de vida por respecto ó Señor. 3Que os vosos adornos non sexan os exteriores dunha trenza no pelo nin rodearvos de xoias de ouro ou vestirvos con variedade de vestidos; 4senón que sexa a personalidade escondida dentro, no corazón, co adorno indeformable dun espírito agarimoso e sereno; isto si que é algo precioso ós ollos de Deus. 5Así tamén se adornaban noutro tempo as santas mulleres que esperaban en Deus, someténdose ós seus homes. 6Así obedeceu Sara a Abraham, chamándolle "o meu dono". Vós, se facedes o ben e non vos atemorizades por ningunha alarma, é porque xa vos fixestes fillas de Sara.
Consellos ós homes
7No tocante ós homes, convivide coas vosas mulleres con comprensión, mostrándolles o debido respecto, tal como se lle debe a un ser máis feble e coma a herdeiras convosco do don gratuíto da Vida; así seredes capaces de rezar sen estorbos.
Levarse ben
8En fin, andade todos de acordo e cos mesmos sentimentos, querédevos coma irmáns, tede un corazón compasivo e un xeito humilde; 9non vos volvades mal por mal, nin insulto por insulto; ó contrario, devolvede bendicións, porque para isto vos chamaron: para serdes herdeiros dunha bendición. 10Porque
se un ama a vida
e quere ver días felices,
conteña a súa lingua do mal,
e os seus beizos de falar falsidades;
11escape do mal e faga o ben,
procure a paz e esfórcese por pillala.
12Pois a mirada do Señor fólgase nos xustos,
e os seus oídos atenden os seus rogos;
pero a cara do Señor anóxase contra os que fan o mal.
É bo sufrir, sendo honrados
13Ademais, quen sería capaz de vos facer mal, se vós estivésedes afincados no ben? 14Pero, aínda supoñendo que tivésedes que sufrir por serdes xustos, benaventurados vós: non lles teñades medo nin vos asustedes. 15O contrario para os vosos adentros adorade a Cristo coma Señor, estade sempre dispostos a responder a todo aquel que vos pida razón da esperanza que levades dentro. 16Pero respondede con bo xeito e con respecto; tede a conciencia limpa, de xeito que os que desprezan o voso bo comportamento cristián, se vexan confundidos naquilo mesmo de que vos calumnien. 17Pois sempre sería mellor sufrir, se tal fose a vontade de Deus, por facerdes o ben, que por facerdes o mal.
O exemplo de Cristo e a salvación polo bautismo
18Tamén Cristo morreu unha vez polos vosos pecados,
o xusto polos pecadores, para vos achegar a Deus;
sufriu a morte na carne, pero recibiu vida no espírito.
19Foi daquela cando lles foi proclamar a salvación
mesmo ós espíritos encadeados, 20que foran rebeldes,
cando, nos tempos de Noé,
Deus, cheo de paciencia,
estábaos agardando, mentres se construía a arca;
dentro dela, uns poucos,
en total oito persoas,
salváronse pola auga;
21esta auga simbolizaba o bautismo que vos salva a vós,
non por ser unha limpeza do corpo lixoso,
senón por ser o compromiso con Deus dunha conciencia honrada,
pola mediación de Xesús Cristo resucitado,
22que subiu ó ceo e está á dereita de Deus,
despois que se lle someteron os anxos, os poderes e as forzas.

Atualmente Selecionado:

1 Pedro 3: ABGS

Destaque

Copiar

Comparar

Compartilhar

None

Quer salvar seus destaques em todos os seus dispositivos? Cadastre-se ou faça o login