1
Apocalipse 21:4
Biblia SEPT
ABGS
Enxugará todas as bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa".
Comparar
Explorar Apocalipse 21:4
2
Apocalipse 21:5
O que estaba sentado no trono dixo: "Vede que volvo novas todas as cousas". E mandóuseme: "Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade".
Explorar Apocalipse 21:5
3
Apocalipse 21:3
E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.
Explorar Apocalipse 21:3
4
Apocalipse 21:6
E seguiu dicindo: "Xa están renovadas: eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin. A quen teña sede, heille dar de beber gratis auga das fontes da vida.
Explorar Apocalipse 21:6
5
Apocalipse 21:7
O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.
Explorar Apocalipse 21:7
6
Apocalipse 21:8
Os covardes na loita, os que negan a fidelidade que prometeron, os corrompidos con abominacións, os asasinos, os luxuriosos, os bruxos, os idólatras e os que fían en mentiras, terán por lote a lagoa de xofre ardendo: que é a morte segunda".
Explorar Apocalipse 21:8
7
Apocalipse 21:1
Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran; e o mar xa non existía.
Explorar Apocalipse 21:1
8
Apocalipse 21:2
Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo.
Explorar Apocalipse 21:2
9
Apocalipse 21:23-24
A cidade non precisa sol nin lúa que a ilumine, que a ilumina a gloria de Deus; e o Año é a súa lámpada. Os xentís pasearán á súa luz e os reis da terra aportarán a ela a súa gloria.
Explorar Apocalipse 21:23-24