1
Apocalipse 20:15
Biblia SEPT
ABGS
A quen non apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.
Comparar
Explorar Apocalipse 20:15
2
Apocalipse 20:12
Logo vin os mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o libro da vida é ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras.
Explorar Apocalipse 20:12
3
Apocalipse 20:13-14
O mar entregou os mortos que nel había; e a Morte e o Hades entregaron os mortos que neles había; e a cadaquén xulgárono polas súas obras. A Morte e ó Hades botáronos na lagoa de lume. Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume.
Explorar Apocalipse 20:13-14
4
Apocalipse 20:11
Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presenza fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro.
Explorar Apocalipse 20:11
5
Apocalipse 20:7-8
Cando se completen os mil anos, Satán vaise ver ceibe da súa cadea e sairá para engaiolar os xentís das catro esquinas do mundo, a Gog e a Magog, para os xuntar para a guerra. O número destes é coma o das areas do mar.
Explorar Apocalipse 20:7-8