1
Apocalipse 8:1
Biblia SEPT
ABGS
E cando abriu o sétimo selo, houbo, como media hora, un silencio no ceo.
Comparar
Explorar Apocalipse 8:1
2
Apocalipse 8:7
Tocou o primeiro e caeu na terra unha sarabiada de lume mesturado con sangue: ardeu a terceira parte da terra e a terceira parte das árbores e toda a herba verde.
Explorar Apocalipse 8:7
3
Apocalipse 8:13
E mirei e oín o que berraba con voz potente unha aguia, que estaba voando polo medio do ceo: "Ai, ai, ai dos veciños da terra, por cousa dos outros toques de trompeta, que tres anxos van tocar!"
Explorar Apocalipse 8:13
4
Apocalipse 8:8
Logo tocou o segundo anxo e botouse ó mar algo coma un monte grande ardendo: fíxose sangue a terceira parte do mar
Explorar Apocalipse 8:8
5
Apocalipse 8:10-11
Tocou logo o terceiro anxo e caeu do ceo unha estrela grande, ardendo en labarada, e caeu sobre a terceira parte dos ríos e das fontes. A estrela chamábase Asente. E a terceira parte das augas volveuse en auga de asente e moitos dos homes morreron por culpa destas augas que se volveron amargas.
Explorar Apocalipse 8:10-11
6
Apocalipse 8:12
Logo tocou o cuarto anxo e tremelicou a terceira parte do sol, a terceira parte da lúa e a terceira parte das estrelas: escureceuse a terceira parte de cada un deles e un terzo do día non alumeou e o mesmo a noite.
Explorar Apocalipse 8:12