1
1 Timoteo 6:12
Biblia SEPT
ABGS
Loita na fermosa competición da fe, procura a vida eterna á que te chamaron e que confesaches de maneira brillante diante de moita xente.
Comparar
Explorar 1 Timoteo 6:12
2
1 Timoteo 6:10
A raíz de todos os males é a avaricia: algúns, dominados por ela, afastáronse da fe e envurulláronse a si mesmos en moitas dores.
Explorar 1 Timoteo 6:10
3
1 Timoteo 6:6
E certamente a verdadeira piedade, cando un se conforma co que ten, é a mellor fonte de ganancia.
Explorar 1 Timoteo 6:6
4
1 Timoteo 6:7
Porque nada trouxemos ó mundo e nada podemos levar del.
Explorar 1 Timoteo 6:7
5
1 Timoteo 6:17
Os ricos deste mundo mándalles que non sexan fachendosos, nin poñan a esperanza na riqueza incerta, senón en Deus, que nos dá para gozar de todas as cousas con gran abundancia.
Explorar 1 Timoteo 6:17
6
1 Timoteo 6:9
Os que se queren facer ricos caen en tentacións e trapelas e en moitas cobizas, todas perigosas, que botan os homes a perder e á ruína.
Explorar 1 Timoteo 6:9
7
1 Timoteo 6:18-19
Que fagan o ben, enriquecidos en boas obras, xenerosos en dar e dadivosos cos demais. Así atesourarán para si un estupendo capital para o porvir e acadarán a verdadeira vida.
Explorar 1 Timoteo 6:18-19