1
Romanos 12:2
Biblia SEPT
ABGS
E non vos axustedes ó mundo presente. Transformádevos, máis ben, pola renovación da mente, para que poidades coñecer cal é a vontade de Deus: o bo, o que lle agrada, o perfecto.
ತಾಳೆಮಾಡಿ
Romanos 12:2 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
2
Romanos 12:1
Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezades os vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso culto espiritual.
Romanos 12:1 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
3
Romanos 12:12
Alegres na esperanza, con constancia no sufrimento, afincados na oración
Romanos 12:12 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
4
Romanos 12:21
Non te deixes vencer polo mal, senón vence o mal a forza de ben.
Romanos 12:21 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
5
Romanos 12:10
sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua
Romanos 12:10 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
6
Romanos 12:9
Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben
Romanos 12:9 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
7
Romanos 12:18
No posible, en canto dependa de vós, mantede a paz con todos os homes.
Romanos 12:18 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
8
Romanos 12:19
Meus queridos amigos, non tomedes por vós mesmos a vinganza; deixade máis ben que actúe a ira de Deus, pois está escrito: miña é a vinganza, eu darei o merecido, di o Señor.
Romanos 12:19 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
9
Romanos 12:11
no traballo non teñades preguiza; no espírito, afervoados; para o Señor, coma escravos.
Romanos 12:11 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
10
Romanos 12:3
En virtude da graza que se me deu, dígovos, por tanto, a todos e a cada un de vós: que ninguén se teña por máis do que convén, senón que un se teña no que se debe ter, conforme á medida da fe que Deus lle deu a cadaquén.
Romanos 12:3 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
11
Romanos 12:17
Non volvades mal por mal a ninguén: que todo o mundo vexa que procurades o ben.
Romanos 12:17 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
12
Romanos 12:16
Tédevos na mesma estima uns a outros: non vos deades aires de grandeza, senón acomodádevos ós humildes. Non vos teñades por moi sabidos.
Romanos 12:16 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
13
Romanos 12:20
Pero se o teu inimigo ten fame, dálle de comer; se ten sede, dálle de beber: obrando así, amoreas brasas acesas enriba da súa cabeza.
Romanos 12:20 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
14
Romanos 12:14-15
Bendicide ós que vos perseguen, bendicide e non maldigades. Alegrádevos cos que están alegres, chorade cos que choran.
Romanos 12:14-15 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
15
Romanos 12:13
solidarios nas necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.
Romanos 12:13 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
16
Romanos 12:4-5
De igual xeito que nun só corpo temos moitos membros, e non todos os membros teñen a mesma función, Así nós, con sermos moitos, somos un só corpo en Cristo; e individualmente somos membros uns dos outros.
Romanos 12:4-5 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ