1
Santiago 4:7
Biblia SEPT
ABGS
Sédelle, logo, ben mandados a Deus; facédelle fronte a Satán e arredará de vós.
ತಾಳೆಮಾಡಿ
Santiago 4:7 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
2
Santiago 4:8
Achegádevos a Deus e El achegarase a vós. Lavade as mans, pecadentos, limpade os corazóns, homes falsos.
Santiago 4:8 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
3
Santiago 4:10
Abaixádevos no acatamento do Señor, que El vos ha soerguer.
Santiago 4:10 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
4
Santiago 4:6
Pero meirande é a graza que nel concede. E por isto di: "Deus arrepónselles ós soberbios, pero ós humildes dálles a súa graza".
Santiago 4:6 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
5
Santiago 4:17
O que coñece o ben que ten que facer e non o fai, comete pecado.
Santiago 4:17 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
6
Santiago 4:3
e, se pedides, non recibides, porque pedides só co devezo de satisfacerdes as vosas cobizas.
Santiago 4:3 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
7
Santiago 4:4
Desleigados! Seica non sabedes que a amizade con este mundo é inimiga de Deus? E así quen quere ser amigo deste mundo faise inimigo de Deus.
Santiago 4:4 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ
8
Santiago 4:14
Pero se non sabedes o que vai ser de vós mañá! Porque que é a vosa vida? Unha fumarediña que aparece e desaparece no mesmo intre.
Santiago 4:14 ಅನ್ವೇಷಿಸಿ