Despois de certo tempo, a muller de Potifar pousou os ollos en Xosé e propúxolle: —"Déitate comigo".
El refugou a proposta, dicindo: —"Ves que o meu amo non se ocupa de cousa ningunha na súa casa, senón que deixou nas miñas mans todo o que ten. Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"