Cando o Señor, o teu Deus, te faga entrar no país que xurara a teus pais Abraham, Isaac e Xacob, que cho daría a ti, con cidades grandes e fermosas que ti non construíches, con casas cheas de toda clase de riquezas que ti non acumulaches, con pozos escavados que ti non cavaches, con viñas e campos de oliveiras que ti non plantaches: cando ti comas e te fartes, ten moito coidado de non te esqueceres do Señor que te sacou do país de Exipto, da situación de escravitude.