1
Colosenses 3:13
Biblia SEPT
ABGS
Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós.
Compare
Explore Colosenses 3:13
2
Colosenses 3:2
Arelade o de arriba e non o da terra.
Explore Colosenses 3:2
3
Colosenses 3:23
Todo canto fagades, facédeo con toda a alma, como para o Señor e non para os homes
Explore Colosenses 3:23
4
Colosenses 3:12
Vós, logo, coma elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia.
Explore Colosenses 3:12
5
Colosenses 3:16-17
Que a palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza. Ensinádevos e alentádevos uns a outros o mellor que saibades. Co corazón cheo de agradecemento cantádelle a Deus salmos, himnos e cántigas inspiradas. E todo canto fagades, de palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor, dándolle grazas a Deus Pai por medio del.
Explore Colosenses 3:16-17
6
Colosenses 3:14
E, por riba de todo isto, cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o une e leva a perfección.
Explore Colosenses 3:14
7
Colosenses 3:1
Polo tanto, se resucitastes con Cristo, buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus
Explore Colosenses 3:1
8
Colosenses 3:15
Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns, xa que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. Sede tamén agradecidos.
Explore Colosenses 3:15
9
Colosenses 3:5
Así que, dádelle morte a todo canto tedes de terreal: a fornicación, a inmoralidade, a paixón, os malos desexos e a cobiza, que é unha idolatría.
Explore Colosenses 3:5
10
Colosenses 3:3
Vós morrestes e a vosa vida está agachada con Cristo en Deus.
Explore Colosenses 3:3
11
Colosenses 3:8
Pero agora deixádevos de todo iso: furor, carraxe, ruindade, aldraxes e palabras groseiras, lonxe dos vosos beizos.
Explore Colosenses 3:8
12
Colosenses 3:9-10
Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos e vos revestistes do home novo, que se vai anovando, conforme a imaxe de quen o creou, para chegar a un coñecemento total.
Explore Colosenses 3:9-10
13
Colosenses 3:19
Homes, amade as vosas mulleres e non sexades ríspetos con elas.
Explore Colosenses 3:19
14
Colosenses 3:20
Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable ó Señor.
Explore Colosenses 3:20
15
Colosenses 3:18
Mulleres, sede dóciles ós vosos homes coma lle acae a unha muller cristiá.
Explore Colosenses 3:18